Liderar a definición do concepto “benestar” ofrecendo o mellor servizo profesional de asistencia ás persoas que requiren apoio, técnico e humano, para manter unha vida independente e activa. A través dun modelo de Atención centrada na persoa, preventivo, preditivo, integral e ubicuo ofrecemos servizos que permiten ás persoas vulnerables permanecer na súa contorna habitual, ampliar a súa autonomía máis aló do seu propio domicilio e mellorar a súa calidade de vida, por medio de programas de prevención, seguimento e intervención sociosanitaria, proporcionando tranquilidade e seguridade ás persoas usuarias e á súa contorna. Un modelo de atención Evolutiva que se adapta ás necesidades cambiantes do usuario. Estes servizos baséanse no coñecemento de profesionais expertos e no uso de tecnoloxías avanzadas para afrontar necesidades sociais como as derivadas do envellecemento, a dependencia, a violencia de xénero, etc.
Atenzia persigue ser empresa de referencia e pioneira no desenvolvemento de servizos de atención ás persoas para maximizar a súa percepción de benestar a través da innovación tecnolóxica e a Innovación Social. Atenzia entende que nun futuro inmediato esta atención debe poder ser recibida tanto no fogar como fora del, ofrecendo ao usuario apoio real en calquera lugar e en calquera momento para facilitarlle unha auténtica vida activa e independente.
Dende os nosos inicios, como empresa dedicada á atención ás persoas, xeramos unha cultura empresarial baseada en valores como:
Valores que deben cumprir os/as nosos/as empregados/as e os nosos provedores e que intentamos transmitir á sociedade.