O Modelo Atenzia é un modelo de atención en continua adaptación e mellora, capaz de adecuarse á circunstancia concreta de todo colectivo e persoa. Esta flexibilidade permítenos traballar a solución personalizada para cada caso. Sumamos a todo isto a nosa propia plataforma tecnolóxica, Atenzia Integra, que xestiona a información e datos do usuario para deseñar cada intervención específica, xerando así un coñecemento preditivo de cada caso.
Creamos un expediente personalizado de cada usuario conforme ás necesidades definidas e validadas previamente. Con todos estes datos, realizamos unha análise inicial da situación: identificación e localización de cada usuario e a contorna sociofamiliar que lle acompaña, xunto coas infraestruturas, equipamentos, dispositivos dos que dispón ou precisa. Trátase dun proceso esencial para organizar as bases de datos ás que se aplicará analítica avanzada (Big Data).
Realizamos unha valoración integral a cada persoa mediante test clínicos enfocadas a coñecer a súa situación respecto ás diferentes áreas do benestar.
Estes tests son ferramentas de valoración estandarizadas e con evidencia científica que nos permiten identificar con fiabilidade as áreas de mellora, establecer os obxectivos finais e facer seguimento da evolución de cada persoa.
Apoderamos a cada usuario salientando o seu papel protagonista na mellora do seu benestar. Os nosos profesionais acordan co usuario as metas razoables a corto prazo, realizan a intervención e monitorizan a súa evolución.
O contacto habitual co usuario permítenos obter indicadores do seu progreso e adaptar o Plan de Intervención aos cambios que se produzan na súa situación física, social ou mental.
Cada área de valoración conta con diferentes programas técnicos que van a tratar en profundidade as casuísticas concretas obxecto de mellora identificadas anteriormente nos test clínicos.
Os programas responden ás necesidades específicas identificadas na fase inicial de diagnóstico de situación e a aquelas outras que poden xurdir durante o proceso de intervención. A súa diversidade temática e a posibilidade de aplicar simultaneamente outros programas, en función das necesidades de cada usuario, permítenos unha atención moi precisa en cada caso. As temáticas organízanse nas 3 áreas que a OMS establece como definitorias da saúde das persoas:
Programa de caídas, Programa de deficiencias sensoriais, Programa de prevención da desnutrición, Programa de saúde-medición de constantes biomédicas.
Programa de enfermidade mental, Programa de deterioro cognitivo, Programa de atención a vítimas de violencia ou malos tratos, Programa de duelo.
Programa de envellecemento activo/participación comunitaria (ASC específicas), Programa de soidade non desexada (SND), Programa de coidadores.
A asignación de un ou varios programas para un mesmo caso realízase en base a unha análise e valoración individualizada e multidimensional que identifica as necesidades específicas de cada persoa. O obxectivo é acadar o máximo benestar posible co mínimo esforzo para cada usuario, evitando así situacións de risco ou frustración para o mesmo. Revisamos, actualizamos e creamos novos programas que implementan as realidades sociais actuais para manternos sempre á vangarda dos servizos sociosanitarios. Tanto dos programas aplicados como do seguimento focalizado, responde un equipo multidisciplinar formado por expertos en Terapia Ocupacional, Psicoloxía, Fisioterapia, Medicina, Enfermería ou Traballo Social, entre outros.
Atenzia Integra é unha plataforma intelixente de xestión de procesos asistenciais que dixitaliza todos os procesos vinculados a cada Plan de actuación e os seus servizos específicos. Conecta todos os dispositivos e interacciona con calquera tecnoloxía de telecomunicación. Este rexistro bidireccional de todas as interaccións, a recompilación continua de datos e a aplicación de ferramentas analíticas permite definir, previr e anticipar con precisión o tipo de coidado que require cada persoa.
A plataforma está en proceso de evolución constante, permitindo a fácil incorporación de novas funcionalidades respondendo tanto ás necesidades do noso equipo de profesionais como ás específicas das entidades para as que traballamos.
Descubre cómo generamos valor para nuestros clientes en proyectos de teleasistencia, telesalud, nuevos seniors y violencia de género.
CASOS DE ÉXITOImplantación dun programa para a adherencia terapéutica de persoas con diagnóstico de ECNT e as súas familias. Mediante a intervención en remoto conseguimos que o +90% manteña ou mellore a súa clasificación de risco psicosocial.
A teleasistencia evolucionou de limitarse á atención inmediata con carácter reactivo a converterse nun modelo de atención preditivo, preventivo e integral.
Soamente tes que deixarnos os teus datos e un dos nosos expertos contactarache para que vexamos xuntos como podemos axudarte.