Activar un cambio positivo e medible na vida das persoas está no noso ADN. Desenvolvemos solucións de atención 24 horas, multicanle e multilenguaje que se adaptan aos obxectivos de cada organización. As nosas áreas de actividade son:
Servizo de atención psicosocial personalizada con seguemento continuo e resposta inmediata a emerxencias.
O noso modelo de atención predictivo, preventivo e integral adáptase a cada usuario e facilita a permanencia e integración das persoas na súa contorna vital, familiar e social.
Traballamos para Administracións públicas referentes en teleasistencia pola innovación e calidade das prestacións que ofrecemos.
Programas de telerehabilitación con acompañamento profesional continuo para a recuperación e/o mantenemento das capacidades físicas, mentais e sociais.
Dirixidos a persoas que desexan exercitar as súas capacidades de xeito preventivo ou con déficits asociados ao envellecemento. Os nosos profesionais valorarán patoloxías, capacidades e circunstancias de cada persoa para priorizar as áreas clave de intervención.
Intervención dende diferentes ámbitos en remoto para mellorar a saúde física e mental do paciente.
Dende unha perspectiva sociosanitaria, xeramos un mapa de situación de cada paciente considerando o diagnóstico médico, os factores sociais e os factores mentais. Posteriormente elabórase xunto co paciente un plan de atención individualizado que asegure unha mellora do beneficio terapéutico dos medicamentos.
Servizo de apoio e orientación dirixido a persoas con risco en saúde mental e aos seus familiares prestado dende un centro de atención multidisciplinar.
Identificamos os determinantes individuais, sociais e estructurais para intervir dende un enfoque psicosocial co fin de reducir os riscos, aumentar a resiliencia e crear contornas favorables para mellorar o benestar mental e a calidade de vida do paciente.
Realizamos unha intervención telefónica sobre os riscos psicosociais do traballador que axuda á xestión adecuada do absentismo.
Evitamos a aparición da sintomatoloxía e as patoloxías relacionadas coa exposición aos riscos laborais máis frecuentes: dende estrés, burnout ou fatiga e situacións de alta demanda emocional ata agresión física/verbal, estrés postraumático ou accidente de calquer natureza.
Servizo de información, asesoramento xurídico e atención psicosocial no caso de violencias machistas. O noso compromiso frente á violencia contra a muller é unha realidade dende fai máis de 20 anos, xestionando servizos en remoto para a prevención e atención xurídica, psicolóxica e social a mulleres víctimas e a súa contorna no ámbito local, autonómico e nacional.
Servizo de asistencia e orientación integral dirixido á persoas víctimas de discriminación e delitos de odio contra o colectivo LGTBI.
Os profesionais prestan atención xenérica, asistencia psicolóxica e xurídica mediante teléfono, correo electrónico e chat online.
Unha atención integral e derivación a recursos autonómicos ou entidades especializadas.
Soamente tes que deixarnos os teus datos e un dos nosos expertos contactarache para que vexamos xuntos como podemos axudarte.