Precisas servizos para particulares? Fai clic aquí

Máis aló do social

Os 10 principios do pacto mundial de Nacións Unidas

Ser socios do Global Compact supón a aceptación e compromiso cos 10 principios do pacto:

Dereitos humanos

1.As empresas deben apoiar e respectar a protección dos dereitos humanos fundamentais recoñecidos universalmente.

2. As empresas deben asegurarse de que non son cómplices da vulneración dos dereitos humanos.

Estándares laborais

3.As empresas deben apoiar a liberdade de asociación e o recoñecemento efectivo do dereito á negociación colectiva.

4.As empresas deben apoiar a eliminación de toda forma de traballo forzoso ou realizado baixo coacción.

5.As empresas deben apoiar a erradicación do traballo infantil.

6. As empresas deben apoiar a abolición das prácticas de discriminación no emprego e a ocupación.

Medio ambiente

7. As empresas deberán manter un enfoque preventivo que favoreza o medio ambiente.

8. As empresas deben fomentar as iniciativas que promovan unha maior responsabilidade ambiental.

9. As empresas deben favorecer o desenvolvemento e a difusión das tecnoloxías respectuosas co medio ambiente.

Anticorrupción

10. As empresas deben traballar en contra da corrupción en todas as súas formas, incluídas a extorsión e o suborno.