Necessites serveis per a particulars? Fes clic aquí

Todos os días, todas as ilusións

Os nosos retos

O benestar é o obxectivo co que Atenzia atende ás necesidades e demandas dos nosos usuarios. Creamos o mellor sistema de servizos co fin de facilitarlles a autonomía e independencia necesarias para mellorar a súa calidade de vida. Logramos así o impacto positivo que perseguimos co noso traballo.

Máis información Misión, Visión e Valores

O presente e o futuro do benestar

Atenzia é un modelo de asistencia referente no benestar e a saúde das persoas. A nosa ambición é que calquera persoa teña ao seu alcance unha atención de calidade en calquera lugar, momento e situación. A Innovación Social e Tecnolóxica son as ferramentas que nos aportan a capacidade de proxectar e resolver as necesidades da sociedade de futuro.

Dende as súas orixes, Atenzia traballa nunha cultura de empresa centrada no benestar social. O compromiso, a perseveranza, a integridade, a empatía e o espíritu innovador son os motores do noso equipo no día a día.

Comprometidos e mobilizadores

Entendemos que a vida está feita para ilusionarse e vibrar con ela, por iso traballamos e acompañamos ás persoas para que sexan elas quen decidan como vivila. Dende o coñecemento das súas circunstancias persoais, damos a cada persoa o impulso preciso para superarse diariamente: con profesionalidade e rigor científico acompañado dun trato humano próximo e respectuoso.

Atenzia
Atenzia

Responsables e íntegros

A confianza que depositan en Atenzia tanto os nosos clientes como os seus usuarios é o eixe articulador que define a relación entre todos. Transformalas en relaciones a longo prazo significa algo moi importante para nós, incide na nosa responsabilidade con cada persoa e a integridade profesional de todo un equipo de expertos.

Expertos e innovadores

O noso coñecemento do sector permítenos ir máis aló e abrir novos camiños para crear solucións de atención sociosanitaria adaptadas a cada situación de futuro. O sistema de novos servizos, a súa adaptabilidade e a súa medición por impacto positivo son o noso obxectivo, calquera que sexa a situación que atopemos.

Atenzia
Atenzia

Empáticos e perseverantes

Poñémonos no teu lugar, nas túas circunstancias e no contexto das túas necesidades reais, facémolo noso e ofrecémosche o noso saber facer. Para desenvolver estas solucións poñemos todo o noso esforzo. Trátase de acadar a meta xuntos, de traballar como un equipo cun obxectivo moi claro.

T'oferim el nostre saber fer. Per a desenvolupar aquestes solucions posem tot el nostre esforç. Es tracta d'aconseguir la meta junts de treballar com un equip amb un objectiu molt clar.

Casos d'éxit